SLA e dispoñibilidade
Información transparente sobre o funcionamento do servizo, os mantemento programados e como informar de incidencias.
Para centros educativos: os compromisos de servizo que asumimos con cada centro recóllense por escrito no seu acordo. Se queres revisalos antes, escribe a hola@eurequiz.com.
Que nos comprometemos a cumprir
Días laborables: de luns a venres, agás festivos. As fendas de seguridade non seguen estes prazos: comunícanse aos centros nun máximo de 48 horas, como fixa o acordo de tratamento de datos. Non comprometemos unha cifra de dispoñibilidade: os nosos provedores de infraestrutura non nola garanten nos plans que usamos e preferimos non prometer o que non podemos asegurar. Si nos comprometemos a responder, a avisar dos mantementos e a recuperar o servizo.
Mantemento programado
Ventá habitual
Domingos de 02:00 a 06:00 UTC. Neste intervalo poden producirse interrupcións breves por actualizacións de infraestrutura ou migracións de base de datos.
Comunicación previa
Os mantemento que supoñan máis de 15 minutos de interrupción anúncianse con polo menos 24 horas de antelación por email aos usuarios con subscrición activa.
Mantemento de emerxencia
En caso de vulnerabilidade de seguridade ou outro problema crítico, o mantemento pode executarse fóra da ventá habitual sen aviso previo.
Canal de incidencias
Para informar dunha incidencia ou problema de dispoñibilidade, envía un email a:
hola@eurequiz.comInclúe no asunto: «Incidencia — [descrición breve]». Indicar tamén a hora aproximada en que se produciu o problema axuda a diagnosticalo máis rápido.
Historial de incidencias
Sen incidencias rexistradas
Este historial actualízase manualmente cando se produce e resolve unha interrupción significativa do servizo.